Un xulgado vigués declara nulo o decreto que suprime descansos de bombeiros

Publicado por o día 01/10/2019 na sección de CIG,CUT,Galicia,Sindicatos,Vigo

Un xulgado vigués declara nulo o decreto que suprime descansos de bombeiros

O xulgado do Contencioso Administrativo número 1 de Vigo ditou dúas sentenzas nas que estima os recursos interpostos polos sindicatos CIG e CUT e declara nulo o decreto do goberno municipal que suspende os descansos dos bombeiros, o cal, na práctica, obriga á realización de horas extraordinarias.

A maxistrada sinala que as medidas contempladas no devandito decreto foron adoptadas unilateralmente, sen negociar cos traballadores e vulnerando a normativa en materia de seguridade e saúde laboral.

O Concello poderá recorrer esta decisión xudicial, mentres tanto os bombeiros da cidade seguirán na súa loita, seguen sendo optimistas.

Os bombeiros de Vigo están en folga indefinida desde mediados de agosto para reclamar máis persoal. O paro non ten efectos no funcionamento do servizo porque, tal e como denuncian os sindicatos CUT e CIG, é necesario que traballen todos os efectivos dispoñibles, só para cubrir os servizos mínimos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.