A corporación municipal do Porriño aproba por unanimidade a moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego sobre as demandas de dereitos laborais en Frigolouro

O BNG solicita a readmisión a Servicarne dos cinco despedidos por defender os seus dereitos laborais como traballadores/as auntonomos/as.
Publicado por o día 31/03/2016 na sección de BNG,O Porriño,Política

 

Os grupos da corporación apoiaron por unanimidade a moción presentada polo BNG na que se solicitaba da corporación os seguintes acordos:

  • Solicitar da dirección de Frigolouro e do Grupo Coren que modifique as condicións contractuais coa cooperativa Servicarne coa finalidade de igualar as condicións laborais dos/as Traballadores/as autónomos /as,que prestan os seus servizos en Frigolouro, aos de plantilla.
  • Solicitar da corporación municipal o seu apoio a folga e ás reivindicacións laborais reclamadas polos autónomos/as da cooperativa Servicarne que traballan en Frigolouro.
  • Solicitar da dirección Xeral de Traballo que interceda no conflicto Laboral prantexado polo colectivo de autónomos/as da empresa Frigoluro coa finalidade de esixir da empresa Frigolouro que atenda as reclamacións de dereitos laborais prantexados polo colectivo de Traballadores autónomos/as da cooperativa Servicarne.
  • Instar ao goberno da xunta de Galiza e ao goberno do Estado Español a modificación da lexsislación laboral para evitar situacións de explotación e escravitude laboral.

O Bloque Nacionalista Galego na sesión plenaria de onte tamén solicitou do goberno municipal que traslade a a dirección da empresa Frigolouro e a presidencia do grupo Coren así como a cooperativa Servicarne a inmediata readmisións dos/as traballadores/as despedidos por represalias por defender os seus dereitos laborais. Iniciativa que tamén contou co respaldo de todos grupos poliíticos da corporación.

Dende o BNG consideramos que a empresa Frigolouro, que leva exercendo a súa actividade no pobo do Porriño dende a década dos sesenta, non debe manter as condicións actuais dos traballadores/as autónomos/as. O Grupo COREN non pode eludir a súa responsabilidade decindo que quen fixa as condicións laborais e a Cooperativa Servicarne, cando as condicións contractuais entre as partes son fixadas pola dirección de Frigolouro.

Demandamos do grupo COREN que se reúna coa corporación municipal do Porriño para tratar de resolver este conflito laboral.

PRENSA BNG O PORRIÑO