Unha actriz cae do escenario durante unha representación en Lugo

Publicado por o día 23/09/2019 na sección de Sucesos

Unha actriz cae do escenario durante unha representación en Lugo

Os servizos sanitarios de urxencia atenderon a noite pasada a unha muller que resultou ferida cando participaba nunha representación teatral en Lugo.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a actriz caeu polo oco da orquestra mentres actuaba no Auditorio Gustavo Freire.

Decontado, varias persoas contactaron co teléfono de emerxencias para dar conta da situación e pedir asistencia médica para a actriz. Así, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pediu a colaboración dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para enviar unha dotación ao lugar do accidente.

Ademais, desde o 112 Galicia, solicitouse a presenza dos axentes da Policía Nacional co obxecto de coñecer as circunstancias nas que se produciu o accidente.