Unha auditoría avalía os 118 cadros de mando e os 6.400 puntos de luz do alumeado público de Tui

Tras o traballo de campo analizarán os datos e realizarán unha serie de propostas para mellor a eficiencia enerxética, cumprir a normativa e reducir a contaminación lumínica
Publicado por o día 29/03/2019 na sección de Galicia,Tui

Unha auditoría avalía os 118 cadros de mando e os 6.400 puntos de luz do alumeado público de Tui

Nas próximas semanas o Concello de Tui contará cunha información detallada sobre cada cadro de mando e punto de luz do alumeado público e cunha serie de propostas para actuar sobre o mesmo na busca dunha maior eficiencia enerxética, cumprimento da normativa e redución da contaminación lumínica. Este será o resultado a auditoría que está a realizar a empresa 4Es, European Energy Efficiency Engineering, S.L., cun prazo de execución de 8 semanas e un investimento de 9.950€ máis IVE.  Así o explicaron esta mediodía o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e o representante da empresa 4Es, Tomás Saz.

O rexedor expuxo que  a realización desta auditoría é un paso imprescindible para coñecer a situación actual e poder actuar con todos os datos para mudar as luminarias na cidade o que redundaría nun mellor servizo en un aforro importante.  Deu a coñecer que o ano pasado o concello gastou en alumeado, sen contar mantemento nin reposición, 391.737,82€, unha cantidade que de implantar tecnoloxía led en todo o municipio podería reducirse nun 66%.  Sinalou tamén o alcalde que esta auditoría é o paso previo, e será a corporación que saía das elección de maio, a que deberá avanzar coa licitación do subministro eléctrico e no cambio de tecnoloxía.

Ao longo das últimas catro semanas a empresa ten realizado a toma de datos dos 118 centros de mando, e dos case 6.400 puntos de luz que hai por todo o termo municipal. En concreto como explicaba Tomás Saz de 4Es recolleron as características, proteccións e liñas de saída dos centros de mando, e a ubicación con coordenadas, nome identificativo, tipo de luminaria, tecnoloxía e tipo de soporte dos puntos de luz. Agora comeza a análise dos datos obtidos previa a redacción da auditoría na que detallará a descrición do estado actual das instalacións, formulando unha proposta técnica e valoración enerxética e económica desta proposta. Amais de comparar a situación actual e a futura ao executarse as propostas realizadas.  No caso concreto de Tui tense en conta  amais a singulariedade do conxunto histórico para o que están en contacto con Patrimonio.

Tras esta auditoría o Concello disporá tamén dunha plataforma de xestión tanto dos cadros de mando coma das luminarias, cun inventario detallado e que permitirá a xestión e modificación dos datos, e o control de consumos.