Unha avaría dun depósito de gas provocou unha fuga en Vilarmaior sen que ninguén resultase afectado

Publicado por o día 19/07/2020 na sección de Sucesos

Unha avaría dun depósito de gas provocou unha fuga en Vilarmaior sen que ninguén resultase afectado

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, ás 13:00h horas desta tarde.

Foi a esa hora, cando un veciño próximo ao depósito chamaba ao 112 Galicia para dar conta dun cheiro a gas ao carón da súa vivenda, situada no lugar de A Reboira, en Vilarmaior. Segundo o seu relato, o depósito de gas subministra o servizo para varias casas próximas e atópase nun recinto pechado cunha rede.

Así, con estes datos, o 112 Galicia axiña puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Betanzos e da Garda Civil. Así mesmo, aínda que o alertante asegurou que non había persoas afectadas desde o 112 alertouse, por precaución, ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Tras chegar ao lugar e comprobar o cheiro na zona, os Bombeiros comunicaron que se tratou dunha avaría no depósito e que contiñan gas propano, o que provocou a fuga. A zona foi acordoada mentres xunto cos técnicos da empresa subministradora procederon a reparar a avaría. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco foi preciso desaloxar aos veciños das vivendas próximas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.