O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia tivo constancia do suceso, ao fío das 17:30 horas da pasada tarde.
Foi a esa hora, cando os efectivos de Protección Civil da localidade comunicaban a súa saída ao 112 Galicia. Indicaban que foran alertados por un particular dun cheiro a gas na vía pública, concretamente, na Praza da Perillana, en Ponteareas. Segundo o seu relato, había varios depósitos de gas pertencentes aos veciños dun edificio situado en dita Praza.
Así, con estes datos, o 112 Galicia axiña puxo os feitos en coñecemento dos Bombeiros de Ponteareas e da Policía Local, que xa tiñan constancia do suceso. Así mesmo, aínda que o alertante asegurou que non había persoas afectadas desde o 112 alertouse, por precaución, ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.
Tras chegar ao lugar e comprobar o cheiro na rúa, os Bombeiros comunicaron que se tratou dunha avaría na válvula dun dos tres depósitos que había no edificio e que contiñan gas propano, un deles, o avariado, baleirouse, e foi o que provocou a fuga. A zona foi acordoada mentres xunto cos técnicos da empresa subministradora procederon a facer o transvase dos outros dous depósitos afectados. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais e tampouco foi preciso desaloxar aos veciños das súas vivendas, iso si, segundo indicaron os Bombeiros, aconselláronos a que pechasen as fiestras.
Os Bombeiros confirmaron que, tras facer o transvasamento, a avaría quedou arranxada.
Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.