Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha

Publicado por o día 16/01/2020 na sección de A Guarda,Galicia,Sucesos

Unha avaría obriga a suspender temporalmente o servizo do Ferry-Boat entre A Guarda e Caminha

Dende a tarde deste mércores día 15 de xaneiro unha avaría obriga a cancelar as viaxes do Ferry Boat que comunica A Guarda e Caminha.

A previsión é que se resolva a incidencia na xornada do venres 17 e se recupere a normalidade no servizo.

Para máis información, recoméndase chamar ao despacho de billetes (Tel. 986 61 15 26) no   horario de atención ao público, de 10:00 a 13:00 e de 15:00 a 20:00 horas.

Comentar noticia

Your email address will not be published.