Unha chamada alerta dunha motocicleta subtraída nun garaxe de Vázquez Varela

Publicado por o día 07/11/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha chamada alerta dunha motocicleta subtraída nun garaxe de Vázquez Varela

Ás 17:05 horas do día de onte a Central de Información e Mando da Policía Local recibiu a chamada dun home, quen comunicou, que tiña localizada unha motocicleta subtraída nun garaxe da rúa Vázquez Varela.

Unha vez no lugar os axentes entrevistáronse co requirente, quen manifestou que pouco antes cando se atopaba no seu lugar de traballo, unha compañeira comentoulle que lle acababan de subtraer a súa motocicleta e que a mesma dispoñía dun localizador GPS, observando a través dunha aplicación do seu móbil que estaba situada na rúa Vázquez Varela, achegando ademais o numero da rúa, polo que se desprazou ao momento de inmediato.

Refire ademais que cando chegou á dirección sinalada, a porta do garaxe atopábase aberta, accedendo ao seu interior, podendo observar a tres novos xunto ao vehículo, que coincidía este con a descrición achegada pola súa compañeira, polo que a continuación solicitou a presenza policial, momento no que os tres raparigos abandonaron o lugar, deixando alí a motocicleta.

A porta do garaxe xa se atopaba pechada á chegada dos axentes, polo que tras realizar xestións puideron contactar co propietario do mesmo, acudíndose este pouco despois, quen permitiu o acceso ao interior.

A continuación tamén se presentou no lugar a súa propietaria, a cal coincidiu coa versión do seu compañeiro, engadindo ademais que por descoido deixouse a chave posta na moto.

Pouco despois un dos axentes desprazouse ao domicilio do mozo que utiliza dita praza,(facilitada polo dono do garaxe), e cando chegou ao portal do inmoble un raparigo achegóuselle preguntándolle “se viña polo da moto”, referindo de forma espontanea que se atopou en Gran Vía a motocicleta coas chaves postas, e como chovía moito colleuna para chegar ata o seu domicilio pero que ía chamar á Policía para devolvela, facendo entrega nese momento das chaves da mesma e acompañando ao axente ata a motocicleta.

A propietaria tras comprobar o interior do maleteiro decatouse que faltaba un par de luvas, un chaquetón plumifero, un casco, a pinza e cable avisador anti bloqueo de seguridade, ademais unha bolsa que portaba unha chaqueta e un pantalón de auga.

Tras preguntar ao mozo polas pertenzas referidas, leste manifestou ter algunhas delas, ignorando onde podían estar o plumifero, as luvas e a pinza.

O home que responde as iniciais JA. F. R, de 31 anos de idade, nado e domiciliado en Vigo, foi encartado en dilixencias xudiciais por un delito leve de furto.