Unha churrascada no Parque Forestal de Zamáns alerta aos Corpos de Seguridade

Publicado por o día 17/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha churrascada no Parque Forestal de Zamáns alerta aos Corpos de Seguridade

Na xornada do pasado día 15 dos correntes, a Sala Operativa do 092 recollía un aluvión de chamadas onde se advertía dun incendio os montes de Zamáns. Activados os protocolos establecidos para este tipo de situacións, varias patrullas desta Xefatura adscritas á Unidade Ambiental de Intervención Rural, UMIR, realizan un rastrexo orientados polo fume que divisan. Cando chegan ao momento localizan a un grupo de persoas que, utilizando os asadores que alí se dispoñen, están a facer unha grellada.
 
Cando os policías convídanlles a apagar as chamas, informan os autores do feito de que serían denunciados por facer lume nunha época non autorizada. O sancionado, un veciño de Vigo de 89 anos e residente na Avda. das Camelias, di descoñecer dita prohibición e que só quería sorprender a unhas amigas convidándolles a comer no monte.
 
Ás 13:30 horas do pasado domingo día 15, a sala do 092 asolagábase de chamadas polo fume que se vía salír dun monte de Zamáns. Coas temperaturas tan elevadas que se vivían durante esa xornada, a situación demandaba unha inmediata resposta de actuación que impedise a propagación do lume e as consecuencias derivadas do mesmo.
 
Ao instante, varias patrullas da Unidade Ambiental de Intervención Rural son coordinadas desde a Sala de Mando do 092, onde, en función da gravidade do sinistro, establécense os protocolos de emerxencia que para o efecto se dispoñen. A pouco intre, unha da patrullas atopa o lugar de onde saía o fume, concretamente unha zona de asadores do monte de Zamáns, onde se reunían cinco persoas, polo que dan aviso á Sala de Mando a fin de que non se active a alerta de lume no seu grao de alta prioridade.
 
Cando os axentes entrevístanse coas persoas alí reunidas, o único home que formaba parte do grupo e que se recoñeceu co autor das chamas, explica que quería convidar as súas amigas a unha “churrascada” no monte, sen saber que estaba prohibido.
 
Pola súa banda, e en virtude da Lei 43/2007, do 21 de novembro, de Montes e Art. 50.2 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de Prevención e Defensa Contra os Incendios Foretales de Galicia, os axentes tramitan denuncia sobre G. F. P. nacido en 1930 e veciño de Vigo, en base ao emprego de lume nos montes e aŕ eas lindeiros nas condicións, épocas, lugares ou para actividades non autorizadas.
 
Noutra orde de cousas, cabe sinalar que ás 00:15 horas do día de hoxe, unha patrulla que realizaba funcións de seguridade cidadá por cálea Vía Norte localiza a un cidadán de nacionalidade Peruana sobre o que existía unha orde de expulsión desde o 14/02/2019, a cal ten unha vixencia de catro anos e que lle era comunicada o pasado dia 26/02/2019.
 
Ao non facilitar un domicilio fixo que permita a súa localización, os axentes proceden ao seu arrestro a razón do apuntado no Rexistro Xeral de Estranxeiros.