Unha colisión entre dous vehículos sáldase con catro persoas feridas, dúas delas menores, na Illa de Arousa

Publicado por o día 16/01/2018 na sección de Sucesos

Unha colisión entre dous vehículos sáldase con catro persoas feridas, dúas delas menores, na Illa de Arousa

Un choque entre dous turismos deixou a catro persoas feridas, das cales dúas eran menores de idade, na Illa de Arousa. O accidente produciuse ás dúas desta tarde na PO-307 á altura do punto quilométrico 3.

Foron os axentes da Policía Local quen deron aviso ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia para pedir asistencia. Deste xeito, acudiu ao lugar un equipo de Urxencias Sanitarias que se encargou da evacuación dos feridos, entre eles dous cativos.

Segundo explicaron os efectivos da Policía Local, as persoas estaban liberadas e accesibles, polo que non foi necesaria a intervención dos bomberos. Non obstante, si tiveron que intervir os membros do servizo de limpeza e mantemento da vía para a retirada dos danos provocados polo impacto e o restablecemento das condicións de seguridade na vía.