Unha colisión entre dous camións en Cambre sáldase cunha persoa ferida

Publicado por o día 05/06/2019 na sección de Sucesos

Unha persoa resultou ferida esta mañá en Cambre nunha colisión na que se viron implicados dous camións, un frigorífico e outro de reparto. Ocorreu na rúa Castellana, á altura do número 8, na parroquia de Pravio.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente e, nada máis ter constancia, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia requiriuse a intervención do 061-Urxencias Sanitarias, dos Bombeiros de Arteixo,da Policía Local, da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da estrada. Ademais o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Cambre.

Xa no lugar do sinistro, os Bombeiros de Arteixo confirmaron que a persoa ferida atopábase accesible, polo que descartaron empregar  o material de excarceración para liberala.