Unha colisión entre dous coches no Barco de Valdeorras sáldase con tres persoas trasladadas

Publicado por o día 27/08/2019 na sección de Sucesos

Unha colisión entre dous coches no Barco de Valdeorras sáldase con tres persoas trasladadas

Tres persoas resultaron feridas nun choque no que se viron implicados dous turismos esta mañá no Barco de Valdeorras. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, as tres vítimas tiveron que ser trasladadas a un centro médico.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 454 da N-120, uns minutos antes das 09:00 horas.

Varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do ocorrido e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo os feitos en coñecemento de Urxencias Sanitarias-061, da Garda Civil, da Policía Local, dos Bombeiros de Valdeorras e do GES da localidade.