Unha colisión entre dous turismos en Miño deixa unha persoa falecida e outra ferida de consideración

Publicado por o día 29/05/2019 na sección de Sucesos

Unha colisión entre dous turismos en Miño deixa unha persoa falecida e outra ferida de consideración

Unha colisión entre dous turismos deixa un falecido e un ferido de consideración no concello coruñés de Miño.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a alerta dunha persoa particular moi preto das 02:00 horas desta madrugada. Indicaba que dous turismos que circulaban pola estrada N-651, ao redor do punto quilométrico 11, en Miño, acababan de colidir.

Con estes datos, desde o 112 Galicia puxo en alerta ao 061-Urxencias Sanitarias e aos Bombeiros de Betanzos que, nada mais chegar ao lugar confirmaron o falecemento dun dos condutores. Do mesmo xeito, indicaron que foi necesario o uso do material de excarceración para liberar ao condutor do interior do outro turismo implicado. Mentres os servizos de emerxencia traballaban no punto, a circulación tivo que ser interrompida nese tramo da vía.

Os axentes da Garda Civil de Tráfico, os membros de Protección Civil da localidade e o persoal do servizo de mantemento da estrada tamén se desprazaron ao punto nada mais ser alertados polo 112 Galicia.

O condutor ferido, unha vez liberado foi trasladado polo persoal sanitario ao centro hospitalario de referencia.