Unha colisión entre dous turismos sáldase cunha persoa ferida e atrapada no interior dun dos vehículos en Cospeito

Publicado por o día 23/08/2020 na sección de Sucesos

Unha colisión entre dous turismos sáldase cunha persoa ferida e atrapada no interior dun dos vehículos en Cospeito

Un home resultou ferido tras colidir dous turismos ao seu paso polo concello lugués de Cospeito. No momento de producirse o accidente, os vehículos circulaban pola LU-111, á altura do punto quilométrico 14.

O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 20:30 horas da pasada tarde, a través da chamada de alerta dun particular. Aseguraba que había unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos accidentados.

Decontado, desde Emerxencias 112 Galicia pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou ata o lugar ao helicóptero medicalizado con base en Santiago. Así mesmo, foron informados os Bombeiros de Vilalba e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Segundo informaron os bombeiros ao 112 Galicia, o home foi liberado do interior do turismo para ser atendido polo persoal sanitario, que, finalmente, encargouse da evacuación do ferido en ambulancia ata o centro hospitalario de referencia.

Ao lugar tamén acudiu un equipo da Axencia Galega de Infraestrutura para a retirada dos restos provocados polo impacto e recuperar as condicións de seguridade na vía.

Comentar noticia

Your email address will not be published.