Unha colisión entre dous turismos sáldase cunha persoa ferida en Verín

Publicado por o día 24/01/2020 na sección de Sucesos

Unha colisión entre dous turismos sáldase cunha persoa ferida en Verín

Unha persoa resultou ferida esta tarde en Verín nunha colisión na que se viron implicados dous coches. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a vítima foi trasladada a un centro hospitalario.

O accidente sucedeu no lugar de Caldeliñas, na parroquia de Vilamaior do Val, ao fío das 13:40 horas.

Foi unha persoa particular quen alertou ao 112 Galicia nese momento. Indicaba no seu relato que había unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos implicados no sinistro.

Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Verín, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que a persoa atopábase accesible, polo que puido ser atendida polos servizos sanitarios sen chegar a empregar o material de excarceración para liberala.