Dúas persoas resultaron feridas esta tarde nunha colisión por alcance na que se viron implicados un turismo e un camión na A-52, ao seu paso por A Gudiña.
Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as dúas persoas lesionadas foron trasladadas nunha ambulancia a un centro médico.
O 112 Galicia recibiu varias chamadas de particulares que alertaban de este sinistro ao fío das 13:30 horas. Indicaban no seu relato que os vehículos colidiran no punto quilométrico 131 da autovía, en sentido a Benavente.
Con estes datos, desde o CIAE 112 Galicia solicitouse a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Agudiña e de Protección Civil.
Colisión múltiple en Pontedeume
Por outra banda, en Pontedeume, unha colisión na que se viron implicados tres coches saldouse con dúas persoas feridas.
O sinistro produciuse na N-651, concretamente no punto quilométrico 19, preto das 17:30 horas. Nese momento, unha persoa implicada no accidente puxo os feitos en coñecemento do 112 Galicia.
A partir de aí, os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e aos Bombeiros do Eume.
Noticias de última hora en Vigo