Unha colisión entre un turismo e unha furgoneta provoca dificultades na circulación na AG-56 en Santiago

O tráfico na AG-56 viuse afectado na tarde de onte, ao seu paso pola parroquia santiaguesa de Laraño, a causa dunha colisión entre un turismo e unha furgoneta á altura do punto quilométrico 3. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais.

Segundo a información facilitada ao 112 Galicia polas testemuñas do sinistro, a consecuencia do accidente, a vía quedou parcialmente ocupada polos vehículos sinistrados e por restos de material diverso que dificultaban o tránsito nese tramo. De feito, os axentes da Garda Civil de Tráfico confirmaron aos xestores do 112 que un desvío alternativo por Galanas foi habilitado co fin de favorecer a fluidez da circulación viaria.

Os feitos sucederon preto das oito horas. Nese momento, varios particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do sucedido. Deste xeito, ademais das forzas da orde, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia pasouse aviso decontado aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos efectivos de Protección Civil de Ames e ao servizo de mantemento das estradas.

Unha vez no lugar, os servizos de emerxencia trataron de restablecer as condicións de seguridade na vía e confirmaron que o tráfico foi restablecido ao fío das 22:00 horas. Igualmente, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local e de Protección Civil de Santiago.

Saída de vía dun camión en Tordoia

Case á mesma hora, unha saída de vía dun camión na N-540, en Portomarín (Lugo) obrigou a intervir aos equipos de emerxencia na pasada tarde sen que ningunha persoa resultase ferida.

O sinistro tivo lugar ás 20:00 horas ao seu paso pola parroquia de Nespereira, dirección Ourense. Foron varios as persoas particulares que chamaron ao 112 Galicia para informar do suceso. Entre elas, o propio condutor do vehículo. Indicaba que non estaba ferido e que, a pesar do camión transportar combustible, os recipientes atopábanse baleiros.

Así, os xestores do 112 solicitaron a intervención dos Bombeiros de Chantada, dos membros do GES de Monterroso, dos axentes da Garda Civil de Tráfico e do servizo de mantemento da vía.

Xa no punto, os servizos de emerxencia confirmaron que a carga transportada non representaba un perigo e informaron que a retirada do vehículo sería realizada ao longo do día de hoxe.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM