Unha colisión frontal deixa a un ocupante atrapado no interior dun vehículo en Carballo

Publicado por o día 05/09/2018 na sección de Sucesos

Unha colisión frontal deixa a un ocupante atrapado no interior dun vehículo en Carballo

Unha persoa quedou atrapada ao bateren dous turismos na AC-552, ao paso polo concello de Carballo.

Sucedeu ás 21:30 horas de onte en Queo de Abaixo e ata o lugar acudiron os Bombeiros de Carballo, alertados polo persoal do 112 Galicia. Debido ao impacto, desprazouse o asento do ocupante dun dos coches implicados e iso dificultou o acceso dos servizos sanitarios ao ferido. Deste xeito, tras a intervención dos bombeiros, o ferido puido ser atendido e evacuado por unha ambulancia do 06-Urxencias Sanitarias.

Ademais, os efectivos da Axencia Galega de Infraestruturas procederon á limpeza da vía e o restablecemento das condicións de seguridade.