Unha colisión frontal entre dous turismos sáldase cun ferido en Laracha

Publicado por o día 25/10/2018 na sección de Sucesos

Unha colisión frontal entre dous turimos mobiliza aos Bombeiros do Carballo, que axudaron a saír do vehículo a un dos condutores implicados.

O accidente produciuse pasadas as oito da tarde na AC-552 ao paso pola localidade coruñesa de Laracha. Foi un particular quen deu a voz de alerta mediante unha chamada ao 112 Galicia, que facilitou a posta en marcha dun operativo no que tiveron que intervir os efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento de Carballo debido ás dificultades para saír do vehículo dun dos condutores.

Unha vez fóra do coche, a persoa puido ser atendida polos servizos sanitarios de urxencia e trasladada ao centro hospitalario de referencia.

Ademais, contaron coa colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros da Axencia Galega de Infraestruturas, encargados da limpeza da calzada e do restablecemento das condicións de seguridade na zona.

Accidente en Ourense

Tamén os Bombeiros de Ourense tiveron que acudir á Rúa do Orcellón para atender a outro condutor que necesitaba axuda para saír dun vehículo accidentado. Tiña as portas do coche bloqueadas, polo que tiveron que sacalo polo maleteiro.

A chamada dun veciño ao 112 Galicia posibilitou a activación do operativo no que, ademais dos bombeiros, interviñeron os profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e os axentes da Policía Local.

Tres feridos en Narón

Non foron os únicos accidentes de tráfico rexistrados polo 112 Galicia. En Narón, tres persoas resultaron feridas a causa dunha colisión entre dous turismos na estrada do Río do Pozo. Segundo explicaron testemuñas do accidente, un dos coches implicados envorcou despois de bater contra outro que estaba parado.

Como consecuencia do impacto, tres persoas sufriron lesiones de diversa consideración e foron evacuadas ao centro hospitalario de referencia.