Catro persoas resultaron feridas, dúas delas de carácter grave, despois de producirse unha colisión frontal entre dous vehículos en Forcarei. Sucedeu no punto quilométrico 2 da EP-7201, ao fío das 10:20 horas.
Nese momento, unha persoa particular contactou co 112 Galicia para alertar do sinistro.
Decontado, os xestores do CIAE 112 Galicia puxeron os feitos en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, do GES da Estrada e dos Bombeiros do Deza.
Noticias de última hora en Vigo