Unha colisión múltiple a causa dun turismo que circulaba en sentido contrario deixa unha muller ferida en Pontevedra

Por o 29/01/2019 | Sección: Sucesos
Unha colisión múltiple a causa dun turismo que circulaba en sentido contrario deixa unha muller ferida en Pontevedra
Compartir en:

Unha persoa resultou ferida onte tras producirse unha colisión múltiple ao circular un vehículo en dirección contraria na PO-10 e chocar contra outros tres vehículos. Os feitos tiveron lugar, concretamente, no termo municipal de Pontevedra, no punto quilométrico 1, sentido O Marco. A causa do impacto, a ocupante dun dos turismos implicados resultou ferida e foi trasladada polos servizos sanitarios ao centro hospitalario de referencia.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibía a chamada de varias persoas ao fío das 21:15 horas da pasada noite. Indicaban no seu relato, que un vehículo accedera á estrada en dirección contraria e, tras colidir contra os vehículos, unha muller quedara atrapada nun deles.

Decontado, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do sucedido a os Bombeiros de Pontevedra, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e ao 061-Urxencias Sanitarias. Así mesmo, informouse á Policía Local, aos membros de Protección Civil da localidade e ao servizo de mantemento da autoestrada.

Finalmente, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento descartaron o uso do material de excarcelación para liberar a muller, pola contra, si foi preciso para abrir a porta do turismo que quedou atrancada tras o impacto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.