Unha colisión múltiple deixa tres persoas feridas en Nigrán

Tres persoas resultaron feridas despois de colidir tres vehículos ao seu paso polo concello pontevedrés de Nigrán, así o indicaron os axentes da Policía Local tras chegar ao punto.

Todo ocorreu sobre as 17:15 horas desta tarde. Foi a esa hora cando unha persoa particular informaba ao 112 Galicia dun choque entre tres vehículos e con feridos na PO-552, na Ramallosa.

A partir de aí, os xestores do 112 pasaron aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Persoa excarcerada no Grove

Por outra banda, ao fío das 13:30 horas de hoxe, o 112 Galicia era informado doutro accidente no concello do Grove. Un coche envorcou cando circulaba á altura do Monte das Flores. Por fortuna, as feridas causadas ao seu ocupante non parecían revestir gravidade, sen embargo, si foi precisa a intervención dos Bombeiros de Ribadumia para liberar á persoa do interior do vehículo.

Ademais dos Bombeiros, ata o lugar acudiron nada mais ser alertados polo 112 Galicia, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os axentes de Tráfico, da Policía Local e os membros do GES de Sanxenxo e de Protección Civil da localidade.

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM