Unha colisión múltiple entre cinco vehículos sáldase con cinco persoas feridas na A-52, en Ponteareas

Publicado por o día 30/12/2018 na sección de Sucesos

Unha colisión múltiple entre cinco vehículos sáldase con cinco persoas feridas na A-52, en Ponteareas

Cinco persoas resultaron feridas nunha colisión múltiple na que se viron implicados outros tantos vehículos esta tarde na A-52, á altura de Ponteareas. Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, catro das persoas feridas foron trasladadas ao Hospital de Fátima e a outra persoa accidentada ao centro hospitalario de referencia.

Os feitos sucederon no punto quilométrico 301 da autovía, sentido Vigo.

Varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido ao fío das 17:50 horas. Indicaban no seu relato que tivera lugar unha colisión múltiple e que algunha persoa podería atoparse atrapada no interior dos vehículos accidentados.

A partir de aí, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES e Bombeiros de Ponteareas, dos Bombeiros de Vigo, de Protección Civil do Porriño e de Ponteareas e da Policía Local.

Unha vez no lugar do accidente, os servizos de emerxencia confirmaron ao 112 Galicia que ningunha das persoas feridas se atopaba atrapada, polo que descartaron empregar os equipos de excarceración.

Finalmente, as vítimas foron atendidas polos profesionais sanitarios e trasladadas en ambulancia.

Foto PorriñoDigital
Foto PorriñoDigital
Foto PorriñoDigital
Foto PorriñoDigital