Unha condutora queda atrapada tras bater co seu coche contra unha árbore en Santiago

Publicado por o día 06/02/2020 na sección de Galicia,Santiago,Sucesos

Unha conductora quedou atrapada despois de saírse da vía co seu vehículo e bater contra unha árbore no lugar das Pereiras, en Santiago.

Para liberala, os bombeiros da cidade tiveron que realizar diversas manobras ata que conseguiron sacala polo portón traseiro.

Unha vez fóra do vehículo, foi atendida polos servizos sanitarios de urxencia debido ás lesións que presentaba e a gran desorientación que padecía. Segundo a información facilitada por testemuñas do accidente, como consecuencia do impacto, a condutora perdeu a noción do lugar no que se atopaba e era incapaz de saír do coche porque tiña as portas atrancadas.

Foron estas mesmas testemuñas do accidente quen chamaron ao 112 Galicia ás 15:30 horas de hoxe para pedir axuda. A partir de aí, activouse un operativo no que, ademais dos bombeiros e profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, colaboraron os axentes da Policía Local ao tratarse dunha vía municipal próxima ao Polígono do Tambre.