Unha delegación de Miami visitita o Porto de Vigo

A delegación de Miami manterá nos próximos días unha apertada axenda de reunións nas principais cidades de Galicia.
Por o 12/03/2019 | Sección: Galicia,Vigo
Unha delegación de Miami visitita o Porto de Vigo
A Autoridade Portuaria de Vigo recibiu hoxe a visita dunha delegación de Miami, encabezada por D. Manuel González, director da Oficina de Promoción Económica de Miami- Dade e D. Ernesto Rodríguez, director de Márketing e Desenvolvemento do Aeroporto de Miami, acompañados por Augusto Álvarez Borrás, director do IGAPE.
 
Á súa chegada a Vigo foron recibidos polo Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique C. López Veiga, acompañado por parte do equipo directivo da terminal olívica, quen avanzou á delegación as infraestruturas e servizos que ofrece o Porto de Vigo así como os novos proxectos e iniciativas que puxo en marcha nos últimos anos.
 
O obxectivo desta visita é o de estudar posibles vías de colaboración entre ambos os portos.
 
Estarán en Galicia desde o luns 11 de marzo ao mediodía ata o mércores 13 pola tarde, como seguimento á viaxe institucional do Presidente da Xunta de Galicia a Miami o pasado mes de febreiro no que se expuxo a posibilidade de implantar un voo Miami – Santiago de Compostela de fronte ao Xacobeo 2021.

Comentar noticia

Your email address will not be published.