Unha desorientación, unha posible fractura de pé e un ataque epiléptico sucesos nas praias de Vigo esta semana

Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha desorientación, unha posible fractura de pé e un ataque epiléptico sucesos nas praias de Vigo esta semana

O luns desta mesma semana ás 12:52 horas a Polícia Local no seu labor de axudas humanitarias tivo que atender a unha persoa desorientada na praia, incidencia da que se tivo constancia mediante unha chamada á Sala de Comunicacións do 092.

Os axentes do servizo de praias BAHIAS, acompañárona ata a chegada da coidadora que procedeu a facerse cargo da citada.

Sen abandonar a zona de praias, rexistráronse dúas incidencias máis. O mesmo día ás 16:28 horas cando se prestou apoio na evacuación dunha bañista que tivo que ser trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro por unha posible fractura no pé.

Posteriormente ás 18:03 horas e nos mesmos termos, colaborouse noutra evacuación, esta vez polo ataque epiléptico que sufriu un mozo.