Unha ducia de artefactos participan mañá no “Flota como poidas” organizado polo Concello de Nigrán

A concentración terá lugar ás 18.30 horas dende a ponte de A Ramallosa. Durante todo o día estará ubicada na Alameda de San Campio a Feira Portobello e ás 17.30 horas actuará Asacocirco Show para os nenos.
Por o 12/08/2017 | Sección: Eventos,Galicia,Nigrán
Unha ducia de artefactos participan mañá no “Flota como poidas” organizado polo Concello de Nigrán

Un total de doce “artefactos flotantes” participarán mañá no divertido “Flota Como Poidas” ás 18:30 horas dende a ponte de Ramallosa, no Río Miñor. De xeito extraordinario poderase inscribir algunha embarcación o mesmo día de 16.30 a 17.30 no lugar. O Concello de Nigrán, que asume por segundo ano a organización, premiará o artefacto flotante máis traballado e ao máis cutre, á tripulación máis simpática, á familia máis intrépida e participativa, ao tripulante máis vello e máis novo e ao “Titanic” da edición. O evento consta dunha baixada de artefactos flotantes polo río Miñor con saída e chegada ao mesmo punto, nun percorrido circular. Non hai ningunha limitación para a imaxinación na construción dos mesmos, só que flote e poida navegar propulsado a remo ou a vela.

O “Flota como Poidas” coincidirá, como cada ano, coa feira de oportunidades “Portobello” de Ovalmi e constará tamén dunha actuación de Cultura no Camiño (Asacocirco Show ás 17.30 horas na Alameda de San Campio).

Noticias de última hora en Vigo

Comentar noticia

Your email address will not be published.