Unha embarazada perde o seu bebé e permanece grave tras ser atropelada en Vigo

Publicado por o día 14/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha embarazada perde o seu bebé e permanece grave tras ser atropelada en Vigo

Unha moza de 24 anos permanece en estado grave e perdeu o bebé que estaba a esperar ao ser arroiada por un turismo na avenida do Tranvía, este suceso tivo lugar as 21:40h do día de onte, en Vigo. Tal e como sinalan fontes a este díario, a muller cruzaba por un paso de peóns cando se produciu o atropelo cando foi asistida polo 061 estaba algo consciente pero moi grave, a vítima foi trasladada de inmediato ao Álvaro Cunqueiro, onde permanece en estado grave a día de hoxe.

A veciñanza sinala que “non é a primeira vez que hai sustos neste paso de peons, ten pouca visibilidade de noite e os vehículos pasan lanzados”.

Una nai nos declara “Eu como nai de nenos que teñen que cruzar para coller o autobús escolar nunca estou tranquila”.

Os veciños reclaman medidas de seguridade para que non volvan rexistrarse sucesos tan desgraciados como estes, propoñen semáforos, elevando o paso de peóns para que os vehículos teñan que ir máis despacio.

O paso de peons situase xusto enfronte da asociación de Feria de Cabral, é na estrada da vía a que sobe da ponte de Cabral a Peinador.

 

 

Comentar noticia

Your email address will not be published.