Unha excursión en kayak á Illa de San Simón pon o broche douro do “Verán Cultural” a través do programa xuvenil “A Lama Paso a Paso”

Unha tritena de mozos e mozas lamenses fixeron a travesía entre Cesantes e San Simón e visitaron as instalacións museísticas que atesoura a illa ubicada no corazón da Ría de Vigo
Publicado por o día 28/08/2019 na sección de Galicia

Unha excursión en kayak á Illa de San Simón pon o broche douro do “Verán Cultural” a través do programa xuvenil “A Lama Paso a Paso”

Unha trintena de mozos e mozas participantes no proxecto “A Lama Paso a Paso”, que puxo en marcha a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) co financiamento da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, puxeron o broche douro ao “Verán Cultural” deseñado polo Concello da Lama a través dunha travesía en Kayak pola Ría de Vigo, desde Cesantes á Illa de San Simón.

Esta actividade deportiva e didáctica contou coa presenza do tenente de alcalde do Concello da Lama, David Carrera, e o concelleiro de Cultura e Deportes, Daniel Vidal, quenes acompañaron en kayak aos participantes durante a súa particular odisea lúdica e tamén formativa. Na Illa de San Simón percorreron as súas paraxes máis senlleiras así como a historia de Galicia a través dos distintos edificios musealizados onde se deu repaso ás distintas funcións que esta illa tivo desde séculos atrás.

Os participantes tamén se detiveron nas historias que rodean a Illa de San Simón, o seu pasado como lazareto, o tesouro da Batalla de Rande (que inspiraron a Julio Verne e ao seu libro 20.000 leguas de viaxe submarina, co capitán Nemo) e tamén fixeron un repaso pola Memoria Histórica do noso país ao ser este lugar un centro penitenciario durante a Guerra Civil e durante a represión dos anos máis oscuros de España no pasado século XX.

Todas estas actividades estiveron guiadas por monitores da empresa Alecrín, especializada en actividades de tempo de lecer e interactuación co medio ambiente, e contaron coa colaboración activa de persoal do Concello da Lama.

Ao aveiro do programa “A Lama Paso a Paso” realizáronse diversas actividades ao aire libre a través desta iniciativa xuvenil para promociona-los enormes valores medioambientais, paisaxísticos e culturais que atesoura o municipio lamense, ocupándose sempre de potenciar comportamentos e actitudes positivas a prol do medio ambiente entre os máis xóvenes.

Así, con estas actividades tamén se fomentou a aprendizaxe de nocións básicas de aplicacións móbiles destiñadas ao esparcemento no medio natural coma Google Maps, Wikiloc, Geocaching, Marcaxe e Sinalización, Cartografía, Brúxulas, Apps para móviles coma GPS Status, Geo Tracker.