Unha festa infantil pon o peche ao Espazo de lecer 2019 en Barro

Durante os meses de xullo e agosto foron máis de 150 nenas e nenos os que participaron neste servizo ofertado polo Concello de Barro
Publicado por o día 30/08/2019 na sección de Galicia

Unha festa infantil pon o peche ao Espazo de lecer 2019 en Barro
O Concello organiza este Espazo de lecer cada verán, que conta con financiamento do Departamento de Igualdade da Deputación de Pontevedra, co obxectivo de conciliar a vida laboral e familiar ao tempo que se fomenta a igualdade de xénero e a prevención da violencia de maneira transversal en toda a programación que se leva a cabo.
Este ano volveron a superarse as previsións en canto ao número de participantes, o que vén demostrar a confianza que teñen as familias nesta actividade enfocada a pasar un verán divertido ao mesmo tempo que se aprenden habilidades e destrezas en distintas actividades e se fomenta a convivencia entre as nenas e os nenos.