Unha fin de semana de Música e Movementos Partillados contra a crise climática

A Aula de teatro universitaria de Ourense porá en escena ‘Leviatán’
Publicado por o día 23/10/2019 na sección de Galicia,Universidade de Vigo,Vigo

Unha fin de semana de Música e Movementos Partillados contra a crise climática

O Encontro Eurorrexional de Música e Artes Escénicas (Música e Movementos Partillados) celebra esta fin de semana a súa cuarta edición en A Coruña e Ferrol, que serán escenario das propostas culturais das tres universidades galegas e as tres do norte de Portugal, cunha aposta común, nesta ocasión, por unha conducta responsable co medio ambiente e contra a crise climática. O sábado 25 de outubro en A Coruña, celebrarase un pasarúas polo centro da cidade ate chegar á praza de María Pita, onde a partir das 18.30 horas se desenvolverán as representacións. Ao día seguinte en Ferrol, o pasarrúas comezará ás 11.30 horas ate chegar ao Cantón de Mollíns, que acollerá a partir do mediodía as actuacións dos representantes das universidades de A Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Porto, Minho e Tras-Os-Montes e Alto Douro.

Este ano, sobre as rúas de A Coruña e Ferrol daranse cita a danza, da man da Universidade de Santiago co espectáculo As 4 estacións porteñas; o teatro coa representación de Leviatán a cargo da Aula de teatro universitaria de Ourense e catro propostas nas que se mesturan varias expresións artísticas como a performance Tun’obebes da Universidade do Minho; o espectáculo de teatro, danza e canto A irmandade do vinho da Universidade de Porto; a Eco Jazz Com Intervención Teatral da Universidade de Tras-Os-Montes e Alto Douro e Desvotar. Obradoiro de videocreación e performance da Universidade de A Coruña.

Leviatán. Accións teatrais que amosan o crecemento non sostible da especie

Para a 4ª edición do Encontro Eurorrexional de Música e Artes Escénicas, a Aula de teatro universitaria de Ourense a Universidade de Vigo preparou unha obra ex profeso, axustada á temática arredor da que xira o encontro este ano. 14 actores e actrices baixo a dirección de Fernando Dacosta darán vida a personaxes e camiñantes, aos que os primeiros, mediante accións teatrais, lles amosarán como o crecemento imparable non é sostible nin tolerable para a especie. “O arrogante desprezo polo decrecemento vainos levando a un camiño sen retorno. A crenza de que debemos chegar a todos os sitios sexa como sexa, a convicción de que no hai final levará a esa especie á destrución”, explica Dacosta, sobre Leviatán.