Unha fuga de monóxido de carbono obriga ao desaloxo dun centro en Oleiros

Publicado por o día 09/01/2020 na sección de Sucesos

Unha fuga de monóxido de carbono obriga ao desaloxo dun centro en Oleiros

Unha fuga de monóxido de carbono mobilizou a pasada tarde aos servizos de emerxencias tras estourar unha tubaxe na sala de caldeiras dun centro de menores en Oleiros. Non se rexistraron danos persoais iso si os foron evacuados, por precaución, polos propios traballadores.

O sucesos tivo lugar ás 19:30 horas, momento no que un traballador do centro chamaba ao 112 Galicia para dar conta de que a alarma do centro saltou despois de escoitar unha explosión. Indicaba ademais, dun forte cheiro que, posiblemente, tratábase dalgún tipo gas.

De contado, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia poñía en alerta aos Bombeiros de Arteixo e aos axentes da Garda Civil, Policía Nacional e Local e aos profesionais sanitarios, por se fose precisa a súa intervención. Do mesmo xeito, os técnicos da empresa subministradora do gas foi informada.

Así mesmo, solicitouse a colaboración dos membros do servizo de emerxencias da localidade que unha vez no lugar confirmaban a presencia do gas –monóxido de carbono-, polo que procederon ao corte do subministro de luz e gas a edificación e ventilación do lugar.

Rematadas as tarefas, os Bombeiros confirmaron ao 112 Galicia que foi a rotura das tubaxes da sala de caldeiras o que provocou a fuga.

Comentar noticia

Your email address will not be published.