Unha man do Ibiza e ata a próxima copa do Rei

O RC Celta caeu eliminado na segunda rolda da Copa do Rei 2020/21 ante unha UD Ibiza moi sólida. Os locais, cómodos no céspede artificial, encarrilaron o partido enseguida, na primeira media hora de partido, con dous tantos de Sergio Castel e un de Javi Pérez. O conxunto ibicenco dominou o xogo ante un Celta ao que lle custou moito xerar ocasións e que non foi capaz de facerse co control do balón.

No segundo tempo a UD Ibiza sentenciou o encontro co cuarto gol, que chegou con polémica: o árbitro sinalou penalti por unha falta de Fontán sobre Kike López que se produciu fose da área. O equipo vigués gañou presenza ofensiva coa entrada de Denis Suárez, Brais Méndez, Santi Mina e Alfon no minuto 62. Os de Coudet lograron equilibrar o encontro e recortar distancias no marcador, primeiro cun gol de cabeza de Santi Mina e despois cun auténtico golazo de Jordan Holsgrove, xogador do Celta B, ao pouco de incorporarse ao partido.

A reacción céltica chegou demasiado tarde como para dar a volta á contundente vantaxe conseguida pola UD Ibiza. Xa no tempo de desconto Santi Mina puido pór contra as cordas ao rival desde o punto de penalti, pero o que podería ser un 4-3 acabou converténdose no definitivo 5-2 con Rodado marcando á contra.

Contundente eliminación copeira. Toca centrarse na competición ligueira sen máis dilación, xa que leste mesmo venres o club celeste recibe ao Vilarreal CF en Abanca Balaídos. O RC Celta felicita á UD Ibiza pola súa clasificación á seguinte rolda da Copa do Rei e deséxalle o maior dos éxitos.

FICHA TÉCNICA

5 – UD IBIZA: Germán, Fran Grima, Goldar, Rubén, Morillas, Javi Pérez, Molina, Kike López, Javi Lara, Pardo, Sergio Castel.

2 – RC CELTA: Iván Villar, Sergio Carreira, Fontán, Aidoo, Aarón Martín, Tapia, Beltrán, Okay, Baeza, Emre Mor, Lautaro.

Goles: Castel (1-0, min.12), Castel (2-0, min.26), Javi Pérez (3-0, min.28), Manu Molina (4-0, min.61, de penalti), Santi Mina (4-1, min.78), Holsgrove (4-2, min.86), Rodado (5-2, min.92).

Árbitro: Martínez Munuera, do comité valenciano.

Campo: Camp Misses.

Observacións: Aarón Martín, nova fichaxe celeste, xogou o seu primeiro partido coa camiseta do RC Celta. O xogadores do filial Holsgrove e Alfon disputaron os seus primeiros minutos co primeiro equipo.

 

Noticias de última hora en Vigo. Te contamos todo lo que sucede en nuestra ciudad. Desde los sucesos más relevantes hasta artículos de opinión y de interés.

SIGUENOS EN TELEGRAM