Unha manobra cáusalle un susto unha condutora e a sua acompañante ao caer por un terraplén no monte Alba

Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha manobra cáusalle un susto unha condutora e a sua acompañante ao caer por un terraplén no monte Alba

Este suceso ocorreu este pasado sábado ás 16:39 horas, cando se recibiu unha chamada á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo.

O alertante afirmaba estar a pasear por un dos carreiros forestais desta cidade, (concretamente na zona do monte Alba), e ver caer un coche por un terraplén.

Ao lugar desprazouse en urxencia unha unidade de atestados, procedendo a dar o aviso correspondente a unha dotación do 061, ao obxecto de prestar a debida atención sanitaria aos ocupantes do vehículo sinistrado.

Unha vez no punto, comprobaron que o turismo estaba ocupado por dúas mulleres, E. R. S, de Vigo e 39 anos de idade, que era a condutora e P. Q. L, de 31 que era a acompañante, resultando ambas as ilesas.

Todo apunta a un erro na manobra de xiro nunha das curvas de descenso desde o miradoiro, saíndo o vehículo da calzada e precipitándose 20 metros pola pendente existente.

Non foi necesaria a intervención dos servizos de urxencia, quedando á espera de que o guindastre do seguro iniciase os labores de recuperación do vehículo sinistrado.

Comentar noticia

Your email address will not be published.