Un operario foi atendido esta madrugada polos servizos sanitarios de urxencia despois de recibir un golpe cunha máquina cando traballaba nas obras do AVE, en San Cibrao das Viñas.
Ocorreu á 1:30 horas de hoxe pouco antes do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde se realizan os traballos para a liña ferroviaria.
De feito, foi un compañeiro do traballador ferido quen contactou co 112 Galicia para pedir asistencia médica urxente debido ao golpe que recibiu no peito cunha máquina. Deseguido, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou a Urxencias Sanitarias-061 e aos axentes da Garda Civil co fin de coñecer os detalles deste accidente.
FInalmente, o operario foi evacuado ao hospital en estado consciente, pero cunha forte dor no peito.
Noticias de última hora en Vigo