Unha media de 1.000 escolares visita Aqualia cada ano

A empresa recibiu hoxe a primeira visita do novo curso escolar formada por 25 alumnos do Colexio Montesol.
Publicado por o día 07/11/2017 na sección de Educación,Galicia,Vigo

Unha media de 1.000 escolares visita  Aqualia cada ano

Un grupo de 25 escolares do Colexio Montesol de Vigo foi o encargado de inaugurar o período de portas abertas que Aqualia realiza aos distintos centros docentes da cidade. Trátase dunha iniciativa que a empresa concesionaria do Servizo Municipal de Augas de Vigo realiza co obxectivo de dar a coñecer o ciclo integral do auga e poñer en valor a importancia dun recurso natural tan valioso como é a auga.

“Cada ano recibimos máis alumnos e as valoracións por parte dos profesores son mellores. Os colexios repiten e traen aos escolares a Aqualia como parte da súa actividade docente e nós estamos encantados de poder colaborar na formación dos nenos. Para Aqualia é moi importante este tipo de iniciativas que teñen o obxectivo de fomentar actitudes responsables e sostenibles respecto ao auga”, asegura José María Ardoy, director de Aqualia Vigo.

Gran acollida dos centros docentes

Durante o curso escolar anterior, preto de 600 alumnos de distintos colexios da cidade visitaron as instalacións da Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) de Aqualia. Un milleiro de escolares é a cifra media que Aqualia recibe ao ano desde o curso 2012 e a gran acollida por parte dos centros docentes posibilita a posta en marcha de accións de mellora. A valoración xeral das visitas do ano pasado (de 0 a 10) foi de 8.

Entre os líderes mundiais

Aqualia é a empresa de xestión da auga de FCC, un dos grupos de servizos cidadáns líderes en Europa. A compañía é a terceira empresa privada de auga de Europa e a sétima no Mundo, segundo o último ranking da publicación especializada Global Water Intelligence (GWI), e atende a 22,5 millóns de usuarios. Na actualidade presta servizo en 1.100 municipios de 22 países: España, Italia, Portugal, República Checa, Polonia, Romanía, Montenegro, Serbia, Bosnia, México, Chile, Uruguai, Colombia, Ecuador, Panamá, Alxeria, Exipto, Tunes, Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Qatar e Omán.