Unha médica de atención primaira de Vigo, nova presidenta para España de médicos del mundo

Na actualidade, a doutora Nieves Turienzo desenvolve a sua actividade profesional no centro de saúde de Baiona
Publicado por o día 09/12/2020 na sección de Galicia,Salud,Sanidad,Vigo

Unha médica de atención primaira de Vigo, nova presidenta para España de médicos del mundo

A médico de familia Nieves Turienzo ven de ser elixida presidenta para España de Médicos del Mundo, ONG coa que leva 15 anos colaborando e na que viña ocupando diversos cargos directivos.

Na actualidade, a doutora Turienzo traballa no centro de saúde de Baiona, desde onde seguirá compatibilizando esta actividade coa presidencia nacional da ONG, que é un posto voluntario.

Na súa traxectoria profesional tamén traballou nas Urxencias extrahospitalarias (PAC) de varios concellos da Área de Vigo, e nas consultas ordinarias dos centros de saúde de Tomiño, Val Miñor e Mos.

Médicos del Mundo é unha ONG internacional con delegación en varios países. En España dirixirá una ONG con máis de 60.000 socios. A nova presidenta explica que “o meu obxectivo será manter as liñas estratéxicas planificadas na organización adaptándoas á situación da Covid-19; neste senso, todos os proxectos tense axustado á pandemia e reorientados ás persoas en risco de exclusión social”.

Comentar noticia

Your email address will not be published.