Unha menor discute coa súa nai por roupa e nai cae ao chan dun infarto

Publicado por o día 20/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha menor discute coa súa nai por roupa e nai cae ao chan dun infarto

Na tarde de onte saltou a alarma en cálea Príncipe, cando ás 19:53 horas recibiuse chamada na Sala Operativa do 092 da Policía Local de Vigo alertando sobre unha persoa que sufrira unha parada cardio respiratoria.

A chegada dos axentes, coincidiu coa de dúas ambulancias, unha asistencial e a outra medicalizada. A persoa que supostamente sufrira o infarto atopábase no interior dun comercio e estaba consciente e moi nerviosa.

No lugar foi atendida por persoal do 061, que informaron que a paciente meramente sufrira un ataque de ansiedade, segundo manifestaron varias persoas que se atopaban na tenda segundos antes de caerse en estado de semi- inconsciencia estivera discutindo coa súa nai por unha peza de roupa, aliviando así a tensión provocada nun primeiro momento ante a confusión xerada polo estado da citada.
Tras examinar á paciente no interior da ambulancia, esta foi trasladada ao Hospital Álvaro Cunqueiro, resultando ser M. M. F, de 65 anos de idade.