Unha menor evacuada en helicóptero e un home en ambulancia despois dun choque entre un turismo e unha moto en Barbadás

Publicado por o día 16/08/2020 na sección de Sucesos

Unha menor evacuada en helicóptero e un home en ambulancia despois dun choque entre un turismo e unha moto en Barbadás

Dúas persoas resultaron feridas, unha menor e un home, nunha colisión que tivo lugar esta mañá na OU-540 ao seu paso por Barbadás entre unha moto e un turismo. Segundo puido saber o 112 Galicia, a menor ferida foi evacuada nun helicóptero medicalizado ata o centro hospitalario de referencia e, por outra banda, os servizos sanitarios trasladaron ao home accidentado nunha ambulancia.

Os feitos sucederon preto das 12:00 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do ocorrido.

Nada máis ter coñecemento, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, do GES do Pereiro de Aguiar, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Comentar noticia

Your email address will not be published.