Unha menor queda atascada nun xogo dun parque infantil no Calvario

Publicado por o día 10/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha menor queda atascada nun xogo dun parque infantil no Calvario

Obrigou á intervención coordinada de bombeiros, 061 e Patrullas da Policía Local de Vigo o caso que sucedeu o pasado domingo ás 20:25 horas.
 
Unha menor de 15 anos no anhelo e reminiscencia da súa infancia decidiu introducirse na randeeira para bebes dun parque infantil na zona do Calvario, comprobando que a súa fisonomía xa non era a mesma, cuestión remarcada cando ao tentar saír descubriu que quedara encaixada.
 
Esta situación foi o detonante da chamada á Sala de Comunicacións do 092 trasladándose as unidades anteriormente mencionadas ao lugar apoiadas por técnicos do 061.
 
O arduo labor de liberación consistiu en desatornillado das cadeas da randeeira para poder tombar á nova e traballar na súa liberación con maior comodidade e seguridade tras haberlle untado aceite na zona de presión das pernas coa randeeira.
 
Conseguiuse sacarllo sen causar danos no mesmo. A nova, non presentaba feridas máis aló da vergoña froito desta intervención, segundo manifestaron os técnicos de 061, non sendo necesario o seu traslado a centro médico.
 
A citada resultou ser C.F.F, nada e domiciliada en Vigo, sinalándoselle a afirmación do panel informativo que hai no acceso ao parque, sobre o uso dese espazo que está permitido para nenos de ata 14 anos.