Abel Caballero inaugurou este martes unha exposición fotográfica que percorre o patrimonio cultural, xeolóxico e histórica das Illas Cíes ao longo de preto de 40 paneis. O obxectivo da mostra, situada na peonil do Calvario, é achegar á cidadanía a riqueza natural e patrimonial do arquipélago vigués, dentro da promoción para converterse en Patrimonio da Humanidade.
Noticias de última hora en Vigo