Unha motorista resulta ferida de consideración en Nogueira de Ramuín tras caer da moto coa que circulaba

Publicado por o día 19/08/2020 na sección de Sucesos

Unha motorista resulta ferida de consideración en Nogueira de Ramuín tras caer da moto coa que circulaba

Unha motorista resultou ferida de consideración despois de sufrir unha saída de vía coa moto coa que circulaba pola estrada que sube ao embarcadoiro de Santo Estevo, moi preto do Parador, no concello de Nogueira de Ramuín.

Foi un dos implicados quen, ás 16:30 horas, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicou que sufrira unha caída coa moto e solicitaba asistencia médica urxente para a outra persoa que o acompañaba.

Nada máis recibir o aviso, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento do persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que tras valorar a situación, comunicaron a saída cara o punto do helicóptero medicalizado con base en Ourense.

Ademais dos profesionais sanitarios, tamén foron informados os Bombeiros de San Cibrao, os axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, os membros do GES do Pereiro de Aguiar e os efectivos de Protección Civil da vila.

Unha vez no lugar dos feitos, os efectivos de Protección Civil sinalaron que a muller fora trasladada en ambulancia polo persoal sanitario ata o Hospital Comarcal de Monforte de Lemos.

Comentar noticia

Your email address will not be published.