Unha moza falece en Ribadeo a causa do desprendemento dunha pedra na Praia das Catedrais

Por o 31/03/2018 | Sección: Sucesos
Unha moza falece en Ribadeo a causa do desprendemento dunha pedra na Praia das Catedrais
Compartir en:

Unha moza perde a vida tras caerlle unha pedra na cabeza mentres visitaba a Praia das Catedrais, en Ribadeo.

Ocorreu á unha desta tarde, cando a rapaza, de 25 anos de idade, contemplaba unha das covas que compoñen o monumento natural. De inmediato, un particular chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia sanitaria urxente, xa que a muller non respondía a estímulos.

Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE) 112 Galicia, avisouse ao 061-Urxencias Sanitarias, que enviou ao lugar a un equipo médico que nada puido facer por salvarlle a vida.

Tamén acudiron voluntarios de Protección Civil e axentes da Garda Civil e avisouse aos profesionais do Grupo de Intervención Psicolóxica en Emerxencias de Catástrofes (GIPCE) para prestar apoio á parella da vítima.