Unha moza ingresa con prognóstico reservado no Hospital Álvaro Cunqueiro tras ser atropelada por un patinete

Publicado por o día 28/10/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha moza ingresa con prognóstico reservado no Hospital Álvaro Cunqueiro tras ser atropelada por un patinete

Este suceso ocorreu este domingo ás 15:58 h, unha chamada alertaba á Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo sobre un atropelo.

O suceso produciuse na zona de Camelias, desprazándose a cubrir a incidencia a correspondente Unidade de Atestados.

Unha vez no lugar, os axentes comprobaron que se trataba do atropelo a un peón por parte dun patinete electrico.

Na calzada quedou tendida a moza C. B. M, de Vigo e 22 anos de idade, en espera de ser atendida polos servizos sanitarios, ao presentar unha ferida na cabeza.

Unha vez no lugar a dotación do 061 procederon ao traslado da vítima ao Hospital Álvaro Cunqueiro onde ingresou grave con prognóstico reservado.

Todo apunta a que o usuario do VMP, M. P. G, de Vigo e 41 anos, circulaba por esa rúa en dirección Praza de América cando a moza comezou a cruzar a calzada desde detrás dun contedor de residuos producíndose o fatal desenlace.

Os axentes de atestados procederon a solicitar a información necesaria para elaborar as correspondentes dilixencias para o efecto.

Comentar noticia

Your email address will not be published.