Unha moza, rescatada tras caer co seu vehículo por un terraplén en Catoira

Publicado por o d√≠a 10/06/2018 na sección de Sucesos

Unha moza, rescatada tras caer co seu vehículo por un terraplén en Catoira

Os bombeiros do Saln√©s rescataron esta ma√Ī√° a unha moza que caeu co seu veh√≠culo por un terrapl√©n cando circulaba pola EP-800, ao paso por Catoira.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia a través da alerta dos axentes da Garda Civil de Tráfico, que localizaron o accidente á altura do lugar de Dimo. Segundo indicaron, a condutora necesitaba da axuda dos bombeiros para poder saír do vehículo, polo que, desde o 112 Galicia, pediuse a colaboración dos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Salnés.

Finalmente, a moza foi liberada tras retiraren os bombeiros un asento e cortar o cinturón de seguridade. Deste xeito, a ferida puido ser atendida polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, aínda que só presentaba algunhas mazaduras e, en todo momento, estivo consciente.