Unha muller cae por un terraplén cando camiñaba por un paseo de madeira na Portela, en Redondela

Publicado por o día 11/06/2020 na sección de Galicia,Redondela,Sucesos

Unha muller cae por un terraplén cando camiñaba por un paseo de madeira na Portela, en Redondela

Os efectivos de emerxencias rescataron a noite pasada a unha muller que caeu por un desnivel cando camiñaba por un paseo de madeira na Portela, en Redondela.

Ocorreu minutos antes da nove da noite, cando unha persoa chamou ao 112 Galicia para pedir asistencia urxente para unha muller que caera por un terraplén demasiado próximo ao mar.

Decontado, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia solicitou a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e dos Bombeiros do Baixo Miño e Vigo para efectuar o rescate necesario da muller, atrapada polas silvas e nunha posición moi inestable.

Igualmente, os xestores do 112 Galicia pediron a colaboración dos axentes da Policía Local e Nacional, que, finalmente, lograron sacar á muller do terraplén para que recibise asistencia médica.

Comentar noticia

Your email address will not be published.