Unha muller causa unha alarma na Travesía de Vigo

Publicado por o día 19/06/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha muller causa unha alarma na Travesía de Vigo

Onte ás 15:29 horas a Polícia Local recibiu unha chamada á súa Sala de Comunicacións do 092, a chamada foi sobre unha muller cunha crise de ansiedade agresiva e tirándose á calzada contra os coches na zona de Travesía de Vigo.

Unha vez no lugar os Axentes entrevístanse coa irmá M.M.S, nada e domiciliada en Vigo de 46 anos de idade informando que a causante do servizo está en tratamento médico pero que o mestura con alcol o que lle provoca ataques de agresividade ocasionalmente, como no día indicado.

Pola súa banda a afectada atopábase moi nerviosa e chorando, aínda que espontaneamente poñíase agresiva tendo que suxeitala.

A citada chámase P.M.S, nada e domiciliada en Vigo de 44 anos de idade, procedendo para maior control da situación para dar aviso ao 061 trasladándose ao lugar unha Unidade cun médico colexiado que indicou a necesidade evacuala para valoración ao Hospital Povisa.

A causante do servizo seguía agresiva e non colaboradora, indicando que ela non estaba mal que a enferma era a súa irmá, polo que non tiña que ir ao hospital.

Tratando de explicarlle xunto co médico que accedese a ser trasladada pero non entrando en razón tendo que introducila na ambulancia en contra da súa vontade e evacuándoa ao citado centro médico.

Comentar noticia

Your email address will not be published.