Unha muller de 87 anos sofre un atropelo na zona do Corte Ingles

Publicado por o día 30/09/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha muller de 87 anos sofre un atropelo na zona do Corte Ingles

O pasado venres sobre as 10:20 horas recibiuse chamada na Sala de Comunicacións do 092 da Policía Local de Vigo, informando sobre un atropelo.

Segundo o alertante, a persoa atropelada estaba atrapada debaixo do turismo, o que obviamente deu présa á inmediata cobertura do servizo, trasladándose unha Unidade de Atestados ao momento, na contorna do Corte Ingles.

Unha vez no lugar, os axentes constataron que a persoa atropelada, unha muller cuxos datos son A. B. D, de Vigo e 87 anos de idade, non estaba debaixo de vehículo, que resultou ser unha furgoneta, senón tendida na beirarrúa.

Parece ser que o condutor da furgoneta realizando a manobra de marcha atrás, golpeáraa tirándoa cando transitaba pola zona.

Por sorte, a muller resultou ferida leve, sendo trasladada ao centro médico Fátima para realizar un recoñecemento máis preciso.

Contra o condutor da furgoneta cursouse a correspondente denuncia administrativa, ao realizar unha manobra irregular, sen verificar previamente que esta non constituía perigo algún.