Unha muller é evacuada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras ter un accidente cun patinete electrico baixo os efectos do alcol

Publicado por o día 13/08/2019 na sección de Galicia,Sucesos,Vigo

Unha muller é evacuada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro tras ter un accidente cun patinete  electrico baixo os efectos do alcol

A presenza e o uso de VMP foise incrementando progresivamente, desde o seu relativamente recente distribución no mercado.

Esta circunstancia favorece condutas neglixentes provocando situacións que causan contratempos.

De feito, o pasado xoves produciuse o sexto accidente rexistrado nesta cidade no que se viu involucrada a usuaria dun destes aparellos.

Foi ás 02:31 horas, á pouca visibilidade a esas horas, uniuse o feito de que a usuaria aludida descendía pola Avenida De Gran Vía en dirección Praza América.

A maiores circulaba utilizando uns cascos conectados ao seu dispositivo móbil, o que está regulamentariamente prohibido.

Ao chegar ao paso de peóns habilitado na confluencia da primeira vía con a rúa do Carmen, decidiu cruzalo polo exterior do mesmo, é dicir, na zona máis próxima a Gran Vía.

O cúmulo de situacións finalizou coa colisión da moza contra un turismo que ascendía por Gran Vía e viraba cara a cálea Carmen.

En espera da chegada da ambulancia, e realizando a recompilación de datos, os Axentes detectaron que a usuaria do VMP presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol, realizándolle a correspondente proba de detección do grao de impregnación alcohólica que arroxou un resultado positivo 0.37 mg/ l de alcol por aire expirado, o que está por baixo do límite penal.

O resultado final, foi a evacuación da citada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser explorada, ao resultar ferida cun forte golpe na cabeza, situación do todo punto evitable atendendo á seguridade respecto a circular de forma diligente, responsable e evitando distraccións.