Unha muller embarazada alerta ao 112 Galicia do seu propio accidente despois de caer por un desnivel co seu vehículo en Ourense

Publicado por o día 27/04/2020 na sección de Galicia,Ourense,Sucesos

Unha muller embarazada alerta ao 112 Galicia do seu propio accidente despois de caer por un desnivel co seu vehículo en Ourense

O 112 Galicia tivo coñecemento esta tarde dun accidente de tráfico en Ourense no que se viu implicada unha muller embarazada, quen alertou ao 112 Galicia despois de que o turismo no que viaxaba rematase fóra da vía e caese por un barranco duns 20 metros.

Ocorreu ao fío das 16:40 horas na rúa de Guizamonde e, segundo informou ao 112 Galicia nese momento unha testemuña do accidente, algunha persoa podería estar atrapada no interior do vehículo accidentado.

A partir de aí, desde o CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ourense, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da cidade e da Policía Local, que confirmaron ao 112 Galicia que a muller lograra saír do turismo polos seus propios medios.

Comentar noticia

Your email address will not be published.